2010 | Buzón de Suxestións
Buscar
 Achegas
 Arquivo
 
Consulta as respostas ás achegas recollidas nesta web.
A droga o cancer do Casco Vello
Preto do centro de orientación sexual "Querote" da rua Ferreria que por fin gracias a vos agora estase adecentando. Hay un edificio en estado ruinoso no que viven uns xitanos que estan traficando con drogas. acuden a todas as horas do dia e da noite persoas de todas as idades. Na Subida o Castelo hay tres portas pequenas de cor roxa e verde de tres viviendas dos xitanos na que tamen se esta traficando con drogas. ¿E que esta xente e diferente co Sr. Telmo.? Por favor limpiade o Casco Vello de este cancer. MOITAS GRAZAS, VIGO.
XXXX - 03/01/2010 19:52:40

Resposta
Grazas pola súa suxestión. Efectivamente, na recuperación do Casco Vello, ademais de rehabilitar os inmobles tamén estamos apostando por facer do barrio histórico da cidade un lugar de encontro, de paseo e de lecer. Sabemos que as transformacións non se acadan dun día para outro, pero si cremos que co esforzo e traballo continuados conseguiremos que o Casco Vello mellore en todos os aspectos.
fusion no
EL BLOQUE EN VIGO ESTA ACABADO DESPUES DEAPOYAR LA "ABSORCION" DE CAIXANOVA
vigues - 30/12/2009 13:45:12

Resposta
O BNG non apoia ningunha absorción, senón que defende que a unión sexa en igualdade de condicións e por iso imos traballar. En todo caso, se todo o mundo ten claro que Caixanova é das dúas a que se atopa en mellor situación, ¿que medo existe a que perda esa posición?. Nós pensamos que precisamente por iso Vigo debe liderar a fusión. BNG defenderá sempre que Vigo xogue un papel decisivo. Non só no que atinxe ás sedes da nova caixa senón tamén, e especialmente, pola fortaleza e os activos que a nosa caixa aportará á nova entidade.
Un saúdo.
no a la fusion
Lamento informarles que ustedes al pactar con el pp han perdido mi voto y lamento muchiisimo haberles votado en las ultimas elecciones, jamas pense que harian esto. Creo humildemente y viendo lo que dice por vigo que les recuerdo es la mayor ciudad de galicia, que su paritdo esta acabado
carlos - 29/12/2009 10:25:49

Resposta
O BNG defende a unión paritaria das dúas caixas galegas como única garantía de que continúen apostando polos intereses de Vigo e de Galiza e non acaben en alianzas con caixas foráneas, onde primarían os intereses de Madrid, Murcia ou Cantabria. Os aforros dos vigueses e das viguesas deben servir para apoiar aos nosos sectore produtivos, aos nosos emprendedores e facer obra social no noso país. Nós defendemos os intereses de Vigo e Galiza por riba de cuestións partidistas e intereses persoais.
Saúdos
CAIXANOVA
Como votante de su partido , rechazo el apoyo que le estan brindando al pp con la fusion de caixanova, Me extraña que no aprecien las intenciones de la segunda parte de la fusion con cja madrid, me extraña que acepten que el pp presione a caixanova, tienen ustedes la oportunidad de defender el empleo, de defender que vivan las dos cajas, con lo cual mas oportunidad de creditos, de hipotecas, de ayudas culturales para Galicia. Por una vez hagan honor al nombre de su partido y defiendan a los gallegos o este partido desaparecera, lo digo de corazon FUSION NO ¡¡¡¡ eL PUEBLO ESTA HABLANDO , esta diciendo no y uds no lo estan escuchando estan apoyando al partido que en 15 dias se va a cargar el gallego, al partido que subio a la presidencia dela xunta por ir en contra del uso del gallego y corina esta silenciosa por si cae Feijo para ocupar su puesto, es que no lo ven??? ES SU OPORTUNIDAD
isabel - 16/12/2009 17:26:51

Resposta
O BNG defende a unión paritaria das dúas caixas galegas como única garantía de que continúen apostando polos intereses de Vigo e de Galiza. Consideramos que este é o único xeito de que a toma de decisións estea en Vigo e en Galiza, e non fóra dela tras establecer alianzas con caixas foráneas, onde primarían os intereses de Madrid, Murcia ou Cantabria. Os aforros dos vigueses e das viguesas deben servir para apoiar aos nosos sectores produtivos, aos nosos emprendedores e facer obra social no noso país. Coa nosa aposta defendemos por riba de todo os intereses de Vigo e Galiza.
Aplicación Apple
Boas. mándovos unha suxerencia. Pareceríame algo interesante que Vigo tivera unha aplicación en iTunes a modo de guía da cidade. As grandes cidades teñen audio guías (falando de historia, sitios de interese,...) que se poden descargar para o iPod ou iPhone, e Vigo creo que non ten que ser menos. Paréceme algo interesante para facer dende Turismo. Espero que a vós tamén volo pareza. Espero resposta. Grazas pola atención. Saúdos nacionalista!
Durden - 14/12/2009 12:13:50

Resposta
Dende a Concellería de Turismo estamos poñendo en marcha diversas iniciativas para potenciar o sector, como son o Plan de Competitividade Turística e a Fundación Vigo Convention Bureau, que teñen por obxectivo potenciar o turismo na nosa cidade dun xeito desestacionalizado. É dicir, queremos que a chegada de turistas a Vigo non se centre nos meses de verán, senón que se produza ao longo de todo o ano, porque consideramos que temos múltiples atractivos que ofrecer ao longo dos doce meses. Neste sentido queremos potenciar o turismo de ría e o turismo urbano. No primeiro aspecto, é evidente do potencial co que contamos, e no segundo é fundamental que Vigo sexa un referente claro como sede de congresos e convencións.
Respecto a túa suxestión, de poñer en marcha a audioguía, xa temos realizado probas ao respecto e agardamos poder poñela de novo en marcha na nosa cidade.
Saúdos
robo a mano armada
O sea que el bng va a traicionar a vigo apoyando el robo de caixanova para darsela a coruña.Esto es lo que percibe la gente y es la realidad.El bloque no se puede permitir estos lujos,lo digo por los votos.
varios vigueses - 04/12/2009 17:06:17

Resposta
O BNG non apoia ningunha absorción. Todo o contrario, queremos que a nova caixa galega sexa a consecuencia dunha unión paritaria, e que non sexa nin do norte, nin do sur. Queremos que sexa un caixa que estea os intereses de Vigo e de Galiza, non ao servizo dos intereses doutras comunidades ou das forzas estatais que están a facer un reparto territorial das caixas no Estado.
Un saúdo.
APOIO DO CONCELLO
Como membros do actual goberno deste concello, e en particular, como responsables da Concellería de Benestar, quixera coñecer que determinación van acadar ante o anuncio da privatización do centro de día de Coia por parte da Xunta. O grupo socialista xa fixo público o seu posicionamento, así como o presidente da FEGAMP, en contra da privatización e de estudar a posibilidade de que sexan os concellos os que asuman a xestión. Como familiar dun potencial usuario non me costa imaxinar o que suporá que servicios ata gaora públicos pasen a ser privados: a calidade e a supervisión quedan relegados, sen falar do ratio de persoal, programas e intervencións a realizar cos maiores, etc. Agradezo de antemán o seu interese.
xulio - 02/12/2009 23:30:28

Resposta
O BNG ten expresado en numerosas ocasións a súa aposta firme polos servizos sociais e sanitarios públicos, porque consideramos que son garante de calidade e profesionalidade, tal e como vostede apunta no seu comentario. A concelleira de Benestar Social ten manifestado en diversas ocasións que a Xunta discrimina Vigo ao non abrir o centro de día da rúa O Grove, tan necesario na nosa cidade, e que leva un ano pechado dende que o goberno galego anterior o deixou rematado. Dende o BNG seguiremos reclamando a súa posta en funcionamento para dar resposta ás necesidades da cidade e seguiremos traballando para que non se privatice.
Centro de día de Coia
Ante a aparición na prensa do anuncio da privatización dos centros de día do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, entre os que se atopa o centro de Día de Coia, gustaríame coñecer cal vai a ser a postura do BNG ante esta situación. A nivel cidadá somos moitas as persoas que estamos moi preocupados por esta inminente privatización de servizos públicos, especialmente nun centro tan necesario na cidade como é o de Coia. ¿que vai pasar có de Teis? ¿Haberá na cidade centros de 1ª e centros de 2ª?. Grazas pola súa resposta
Raquel - 01/12/2009 17:19:07

Resposta
Efectivamente o mantemento dos servizos sociais públicos é unha das apostas do BNG e neste sentido tanto o tenente de alcalde como a concelleira de Benestar Social teñen manifestado no Centro de Día Atalaia que precisamente os centros públicos son garantía dunha atención de calidade, profesional e próxima aos usuarios. Asemade, teñen expresado a súa preocupación pola o que semella a privatización de servizos. Ao respecto, María Méndez ten denunciado a que Vigo é discriminada pola Xunta de Galiza ao non abrir xa tanto a Gota de Leite como albergue e o Centro de Día da rúa O Grove. O BNG está traballando para manter que os servizos sociais e sanitarios sexan públicos, e neste sentido o pleno da corporación aprobou unha moción presentada polo grupo nacionalista para que a construción do novo hospital de Vigo se faga con fondos públicos.
robo a mano armada
¿va a permitir el bloque que le roben caixanova a VIGO? cuanta oscuridad detras de este asunto....... vigo no interesa,interesa mas coruña como unica ciudad considerada en galicia pero en vigo hay mas votos y esto afectara muy mucho a las proximas elecciones.
miguel - 30/11/2009 22:26:31

Resposta
É un feito que ninguén cuestiona que Caixanova non vai poder seguir soa no actual contexto económico. Diante desta situación só hai dúas opcións. A primeira, que defende o BNG, é ptar por unha fusión coa outra caixa galega, para manter así o poder de decisión en Galiza e en Vigo e garantir que os intereses das caixas sigan servindo aos intereses dos vigueses e das viguesas, dos galegos e das galegas. A outra opción é que Caixanova se alíe con caixas foráneas, como teñen apuntado xa os responsables de Caixanova, en particular con Caja Cantabria.
É unha realidade que si non hai fusión entre as caixas galegas, haberá SIP con outras entidades. E o que non se está a dicir que o SIP suporá a deslocalización de Caixanova, que pode deixar de ter como obxectivo prioritario servir aos intereses dos vigueses e as viguesas. Pero o BNG non vai permitir que Vigo perda Caixanova. Todo o contrario. A nosa posición é precisamente garantir que a caixa de Vigo siga sendo dos vigueses e das viguesas. Con ese obxectivo seguiremos defendendo a fusión, independentemente dos réditos electorais que a nosa posición poda ter.
Saúdos
privatizacion dos servizos sociais
Bueno, parace que finalmente a xunta do pp a través do consorcio vai privatizar os servizos sociais dos concellos consorciados.Pero para iso precisa a aquiescencia dos concellos consorciados..entónCal vai ser a actitude fronte a esto do bng de vigo e da sua concelleira de servizos sociais? cederá a presión privatizadora ou o bng de vigo será coherente e manterá una plantilla de persoal pública? Grazas
eneas - 28/11/2009 14:11:55

Resposta
O BNG defende a xestión pública dos servizos sociais, e tanto dende a Tenencia de Alcaldía como a Concellería de Benestar Social somos concientes de que os centros públicos son garantía dunha atención de calidade, profesional e próxima aos usuarios e usuarias. Neste sentido, a concelleira de Benestar Social ten denunciado en diferentes ocasións actitude de discriminación que ten a Xunta con Vigo, que entre outras cousas se ten posto de manifesto no feito de que María Méndez ten solicitado reiteradas veces unha entrevista coa conselleira para falar dos servizos sociais na cidade e transmitirlle que baixo ningún concepto o BNG vai aceptar a privatización dos centros.
centro dia de coia
Gustaríame saber cando vai a estar operativo o centro de día de coia, xa que no barrio hai moita demanda e non se entende que siga pechado a pesares de estar rematada a obra. Un saudo e grazas.
eneas - 03/10/2009 0:21:53

Resposta
A nós tamén nos gustaría sabelo. O centro está rematado desde hai meses, pero descoñecemos cales son os plans da nova Xunta de Galiza ao respecto. A concelleira de Benestar Social, María Méndez, ten solicitado en reiteradas ocasións unha entrevista coa conselleira para coñecer os motivos polo que non se abre ese centro, nin se inician as obras do que está previsto construir no Parque Tecnolóxico de Valadares, xunto a outra escola infantil. Sabemos ben da necesidade de que se abra ese centro para dar resposta as necesidades que existen no barrio, pero de momento non parece que a Xunta do Partido Popular teña previsto abrilo.
E OS GRUPOS DA CASA QUE????
PAREZEME BEN QUE TRAISN GRUPOS E ARTISTAS DE TODOLOS ESTILOS PERO OS GRUPOS DA CASA QUE? CARTOS NON HABERA (PARA OS DE CASA CLARO). EU NON DIGO NADA..... E SEI DO TEMA LOGO NOS QUEIXAMOS
CRISTOVO - 20/06/2009 0:07:27

Resposta
Ao igual que o ano pasado, contamos con grupos galegos. Ademáis da actuación de Fuxan os Ventos e Barth en Castrelos, mantemos en diferentes prazas da cidade programas como o Vigo Urban van contar coa actuación de grupos vigueses e galegos.
Reservas de pistas de tenis en Samil
Ola: Como usuario das pistas de tenis do Servizo Municipal de Deportes considero vergonzoso que no ano 2009 as pistas se teñan que seguir reservando telefonicamente, a través dun número de teléfono (986239997) que ás 10 da mañá (hora á que abre o servizo de chamadas para a reserva de pistas) está sempre saturado ou non contesta ninguén. Teño pasado media hora chamando, realizando 26 chamadas para conseguir que alguén me conteste, e varias veces xa non quedaban pistas para poder reservar no horario que me interesaba. ¿Non cren que sería moito máis sinxelo facelo a través de web? Saúdos Jesús Amieiro
Jesús - 10/06/2009 10:52:36

Resposta
É unha cuestión que sabemos que xera problemas e estamos intentado darlle unha solución acaída, que sexa viable tecnicamente.
escola de artes e oficios
pouca verjuensa. levo votando o bng dende os 18 anos, nas ultimas eleccions tive que enfrentarme a algunha xente que vos criticaba, pero agora con esta decision de apoiar o traslado da escola de artes, tende por seguro que non soio non vos vou votar senon que farei o posibel pra que a xente non vos vote. que triste.....
pepe - 27/04/2009 20:36:17

Resposta
O BNG mantén o seu compromiso coa Escola de Artes e Oficios e entendemos que o traslado non vai supoñer a súa desaparición ou perda de calidade como interesadamente se está a dicir. A Escola pasou por momentos de dificultades, entre eles problemas co edificio, que aínda hoxe non reúne todas as condicións que precisa a actividade docente. O traslado vai permitir que esas carencias se subsanen. Podes estar certo de que a Escola vai ter
futuro e non permitiremos que o traslado a unha nova ubicación se realice sen todas as garantías que permitan o normal desenvolvemto de todas as actividades e sen paralización das clases.
Vida Digna
Na rua Brasil estase implantando un punto de integracion para persoas extranxeiras, co patrocinio da concelleria de Benestar social e a CaixaNova, hasta eiqui nada anormal, a suxerencia ben dada de que por `parte de quen corresponda se implanten os rotulos e demais avisos en Galego, xa que estan todos en español e xa que de integrar se trata se oferten clases tamen en GALEGO e non so en Español. Saude
salgado - 24/04/2009 17:50:01

Resposta
Grazas pola túa suxestión. Terémola en conta.
Decepción
Estou moi decepcionada coa actuación do BNG na arela de Abel Caballero de querer levar a Escola de Artes e Oficios do seu edificio. Non entendo o apoio de Santi Domínguez nisto. A Escola de Artes e Oficios é unha insitución cultural de fonda raigame e quitala do seu actual emprazamento é ditarlle sentenza de morte. Eu esteraba isto de Abel Caballero, mais non do BNG, pois as actuacións na política municipal até o momento parecéronme correctas e moi acertadas. A Escola de Artes e Oficios é unha institución da cal Vigo está moi orgullosa. É un erro non apoiala sendo unha escola referente en toda Galiza e fóra da Galiza. Espero que repensedes esta decisión e lle deades marcha atrás. A Escola de Artes e Oficios é moi importantes para todos os vigueses e viguesas.
Paz Caldas - 17/04/2009 22:20:46

Resposta
Nos defendemos a continuidade da Escola de Artes e Oficios, porque como ben dis, é un referente desta cidade e desenvolve un labor fundamental. Por iso temos claro que o traslado non debe supoñer nunca a perda da actividade docente, nin conlevar problemas tanto para o persoal docente, como para o alumnano. Temos reitarado que o primeiro paso debe ser contar cun lugar axeitado para que a Escola continúe a súa actividade nas mellores condicións.
Non vos carguedes a Escola de Artes e Oficios
É un erro enorme eliminar unha iniciativa cultural de tanta tradición en Vigo. Parade esa intención de Abel Caballero. Ides contra a vosa base social. Que sentido ten destruír unha iniciativa cultural de base? Eu só escoito xente moi enfadada. Dádelle marcha atrás. Escoitade os vosos votantes. Non vaiades perder tamén as municipais por gobernardes de costas a nós.
Begoña - 16/04/2009 16:58:55

Resposta
Non nos imos cargar a Escola de Artes e Oficios. En todo momento dixemos que o feito de que nese edificio se instale a Biblioteca do Estado pode ir en prexuizo da Escola. Queremos que a alternativa de nova ubicación que se busque reúna todas as garantías para que a actividade se poda desenolver con total normalidade desde o primeiro momento.
dos servizos sociais
agora que o PP gañou as eleccións a Xunta.. que van pasar cos servizos sociais de calidade e publicos que oferta o Consorcio de servizos de Igualdade e Benestar en Vigo? Vanse privatizar..?Van ser destruidos..? Grazas.
eneas - 08/03/2009 1:28:59

Resposta
Iso deberá preguntarllo vostede aos responsables do Partido Popular, aínda que polo que figuraba no seu programa de goberno e polas declaracións que xa está a facer o señor Núñez Feijoo todo parece indicar que a súa aposta por non é por manter un servizos sociais públicos e de calidade.
Que no se repita
Non vou a pedir nin suxerir nada. Só quero saber despois do resultado das eleccións de onte en Galicia, si é posible axudar dalgún xeito o grupo municipal do BNG para que o día que cheguen as eleccións o Concello non pase o mesmo.
Miguel - 02/03/2009 13:32:26

Resposta
Perdoa polo pequeno retraso en respostar o teu comentario e por suposto moitas grazas polo teu ofrecemento. Non dubides que o temos moi en conta. Unha forte aperta.
PINTADAS
POR QUE FAN PINTADAS POLA CIDADE CON LEMA "SANTI VAITE DO BNG" EN BEADE O DIA 3 DE FEBREIRO DESPERTAMOS CUNHAS SERIE DE PITADAS POR TODA A PARROQUIA
DIEGO - 04/02/2009 1:00:42

Resposta
Trátase da actuación individual dunha persoa que ten sido denunciada diante da Xustiza e que ten unha orde de alonxamento do tenente de alcalde e da súa familia, dictada polo Xulgado. Tenta deste xeito presionar ao tenente de alcalde para conseguir algo que non logra acadar polos cauces legais e establecidos.
Á att. de D. Santiago Domínguez
Á att. de D. Santiago Domínguez: Estimado Sr. Domínguez: Vde. está a demostrar que de verdade Vigo lle importa e que busca o mellor para a nosa cidade. Dende as súas áreas xurden iniciativas e proxectos e se levan a cabo para que Vigo sexa líder e ocupe o lugar que lle corresponde. Sen embargo, somos moitos os vigueses que estamos moi preocupados pola situación do Concello dende que comezou o mandato do Sr. Caballero: a parálise do plan xeral, a non urbanización de Cabral, o mal mantemento das rúas de Vigo, as humanizacións paralizadas, o porto de Vigo ó borde do colapso mentres se constrúe o gran porto da Coruña, a defensa por parte do alcalde dos Presupostos Xerais do Estado para Vigo!!!!!! e que non vai apoiar ningun enmenda, o rexeitamento do PSOE local á construcción de modernos rañaceos en Vigo (cando na Coruña existen edificios moito máis altos e modernos que na nosa cidade), etc... De verdade, por favor, todos queremos que Vigo sexa unha metropole moderna e que progrese, así que déanlle caña ó alcalde porque senon Vigo pode perder definitivamente o seu liderato en Galicia.
Alberto Fernández - 12/10/2007 23:49:41

Resposta
Non dubide que o traballo do BNG no Goberno da cidade vai poñer sempre por diante os intereses de Vigo. Desde as nosas áreas de responsabilidade traballaremos para que así sexa, pero do mesmo xeito loitaremos para que reciba de todas as administracións o trato que merece como a primeira cidade de Galiza que é. Eu estou convencido de que Vigo está diante dun momento único para situarse no panorama internacional como unha cidade de referenza e nos escatimaremos esforzos, en todos os eidos, para conseguilo.
Un saúdo.
Escola de artes e oficios
Ola: Son a delegadas do alumnado da EMAO e quero amosar o meu enfado sobre o proceder deste grupo no tocante o nomeamento dun director en condicións para a nosa escola. Durante a campaña electoral o señor Santiago Dominguez comprometeuse a nomear a un novo director se saía elexido alcande. Non foi así, pero a súa posición ben lle podería permitir cumprir esa compresa aínda que fose cunha persoa de xeito provisional que tivese coñecementos de educación ( e que a tivese non estaría de máis). Nunha xuntanxia cos afiliados e sinpatizantes do BNG a finais de xuño, tanto Santiago Dominguez como María Méndez comprometeronse a seguir apoiando á escola no que estivera na súa mán. NO día de hoxe, non temos director, polo contrario segue a persoa que lle fai máis mal que ven a esta institución, roeado da súa camarilla a que lle interesa ben pouco que na escola exista un proxecto educativo axeitado e de futuro, que intentan desfacer as especialidades que teñen máis alumnado e todo porque estes mestres non bailan o seu son... Síntome enganada, polos seus representantes aos que votei no mes de maio ( e coma mín outros alumnos coas mesmas inquedanzas no relativo a escola), síntome estafada pola cantidade de tempo e esforzo que empreguei para acadar un bo proxecto de escola, e síntome fúriosa porque so están a contribuir a enquistar máis unha situación complicada para os que alí convivimos, e cunha problemática maior da que se poida ver a simple vista. Espero que este escrito non caia en saco roto e tomen as medidas oportunas antes de que sexa demasiado tarde. Paula
Paula Estévez Sanromán - 10/09/2007 20:03:37

Resposta
O compromiso que o BNG asumiu na campaña electoral manténse sen cambios. Aínda que nin Santi Domínguez é o alcalde, nin a Concellería de Educación está xestionada polo BNG estamos traballando para cumplilo. Pode vostede estar segura de que estamos facendo todo o que está na nosa man para resolver a situación da que vostede fala e que ben coñecemos. Xa está en marcha o proceso para o nomeamento dun novo director para a Escola de Artes e Oficios e nese proceso o BNG está ofrecendo toda a súa colaboración. Somentes lle pedimos un pouco máis de tempo para que se produza o relevo necesario para a boa marcha do centro.

Un saúdo.
Área metropolitana
Co relación a Área Metropolitan de Vigo, creo que o sr. alcalde, ten razón en ampliala a 28 municipios. Ten que ser un área metropolitana que nazca forte, para que compense unificar os servicios de todos os concellos, cantos mais sexan, máis fácil sera conquerir grandes orzamentos i para ejercer presión para subvencións para grandes proxectos. Creo que o BNG debería ser máis leal co PSOE no goberno de Vigo. Catorce municipios, pouca influencia poden ejercer sobre o contexto da Comunidade. A experiencia e tozuda, sendo evidente a pouca forza que ten Vigo, a pesar do seu potencial económico e social, no ámbito da Comunidade Autónoma. Hai que esixir de que a Área Metropolitan, se autofinancie cos impostos dos concellos ca conforman. Unha razón máis para crear un Área Metropolitan de Vigo formada por 28 concellos ...cantos máis mellor dentro da área geográfica, ...o importante e o consenso.
Ramón - 03/09/2007 22:38:40

Resposta
O primeiro que hai que ter en conta é cal é o modelo de Área Metropolitana que defende o PSOE, porque non é o mesmo o que quere Abel Caballero que o que defende o conselleiro Méndez Romeo. Por iso, no BNG cremos que é prioritario que os nosos socios de goberno definan os seus obxectivos. En segundo lugar, pensamos que o modelo territorial é algo moi importante como para facer plantexamentos sen ningún tipo de análise previo. Hai un traballo xa feito que hai que aproveitar para que a creación da Área Metropolitana non se demore máis que é o reúne a 14 concellos. A partir de aí nós estamos dispostos a que se vaian incorporando máis concellos. Por outra banda a influencia non depende do número de concellos, senón da operatividade que teñan e da súa capacidade de xestións. E por último, a respecto do financiamento o realmente importante é que os fondos que agora recebe a Deputación Provincial vaian para este novo organismos que será realmente quen asuma os servizos que requiren os veciños e veciñas da área.

Un saúdo.
Ideas
Como vigués que vive cerca da praza da Independencia, quero dicir que a peatonalización desta praza cambiou a vida de miles de veciños que agora teñen un lugar para pasear, mentres os seus nenos xogan sen perigo pola ausencia de coches. Coñezo a moita xente que cando se iniciaron os trámites para peatonalizar esta praza, empezaron a recoller firmas en contra desta medida. Hoxe están encantados con esta medida. Ao que vou. A peatonalización foi unha medida tomada contra vento e marea polo BNG. Por iso agora, que todo o mundo está encantado deste espazo aberto e libre de coches, creo que o BNG debería facer unha campaña divulgativa entre os moitos milleiros de veciños do lugar, por exemplo mediante a publicación dun folleto explicando o posicionamento dos distintos partidos cando se tomou esta medida. Poucos argumentos movilizarían máis votos para os milleiros de vigueses que disfrutan deste espazo. O BNG ten que recordar o que lle costou tomar esta medida e os múltiples atrancos que tivo que salvar. Con relación ao Plan Xeral creo que os candidatos do Bloque deberían ser máis convincentes nas súas explicacións, por exemplo dicir que só unha vinte e pico organizacións consultadas se opuxo a este Plan. Non pode ser que o PSOE se presente como o único partido que loita contra o urbanismo salvaxe cando os feitos demostran o contrario. Ahí van tres exemplos. O PSOE en Lugo pretende aprobar un Plan Xeral cunha edificabilidade tan desmesurada que suporó que en 15 anos tería que doblar a súa poboación. Por non falar da Coruña, onde tamén o PSOE pretende construir no seu novo Plan Xeral unha liña de rañaceos en primeira liña de costa “ao estilo de Nova Tork ou Hong Kong” (dixo Paco Vázquez). Ou o propio Caballero, que pretende facer un recheo na ría para edificar unha torre de 30 alturas sobre o mar. Cando se fala de urbanismo hai que reprocharlle ao PSOE o seu doble linguaxe entre o que predica e o que fai.
Gustavo - 11/05/2007 12:12:50

Resposta
Tes toda razón no que dis sobre a Praza da Independencia. O BNG tiña claro cal era o seu modelo de cidade e loitou por implantalo na súa etapa de goberno contra vento e marea, e contra as posicións e manipulacións que fixeron os mesmos que hoxe din ser abandeirados das humanizacións e das peonalizacións. Nestes días estamos tendo moitas ocasións para lembralo, pero tamén estamos vendo que moita xente, coma ti, ten voa memoria e sabe moi ben quen foi o que apostou sempre por que Vigo sexa unha cidade para a cidadanía e quen quixo impedilo.

A respecto, do PXOM a posición do BNG ten sido diáfana. Eses argumentos dos que ti falas teñen sido expostos polos membros do grupo municipal en cada unha das súas intervencións cando houbo que defender o Plan. De todas formas sabemos ben que hai que insistir nelo.

Moitas grazas.
Programa electoral
Bo día, son un mozo da cidade simpatizante do boque, gustaríame conseguir un exemplar do voso programa electoral para as municipais. Donde o podo conseguir? Tamén me gustaría saber se é posibel, si Beiras vai vir a esta cidade nalgun acto de campaña. Grazas. Saúdos nacionalistas.
Manuel - 28/04/2007 9:51:02

Resposta
O programa electoral estará a disposición de todo o mundo que queira consultalo nuns días na páxina da campaña, http://www.santidominguez.com . Nesa web tamén se actualiza diariamente a información a respecto dos actos da campaña. Aínda non están todos pechados e por iso neste momento non podemos resportar a túa segunda pregunta.
Grazas e un saúdo.
Finca do Conde - BBVA
http://prensa.bbva.com/view_object.html?obj=22,101,c,4797 Como é posible que vos preocupe unha torre que está en mans do BBVA agás que na abstención famosa da Xerencia de Urbanismo tivésedes contemplada xa esta posibilidade para favorecer unha política de vivenda en aluguer en Vigo...? A máis o Informe do Consello Consultivo nin era VINCULANTE nin podía selo ó parecer... sobre todo porque penso que houbo un segundo informe en sentido contrario... ou algo semellante... Por qué non clarexamos entre todos dunha vez este tema antes de que se convirta nunha rémora para as vindeiras eleccións municipais? Espero novas sobre o asunto. Grazas.
Erasmo - 13/03/2007 0:46:38

Resposta
En primeiro lugar, temos que rexeitar as túas sospeitas. A nós non nos move ningún interese urbanístico, podes estar seguro diso. Actuamos como cremos que debemos actuar en cada momento, sen máis interese que tratando de facer o que é mellor e para elo utilizamos os mecanismos que temos ao noso alcance, que non son outros que os informes que fan técnicos.

A respecto do que dis sobre o informe do Consello Consultivo, simplemente reproducimos o que di no seu último parágrafo: "Que informa desfavorablemente, con carácter vinculante, a proposta de resolución a que o presente expediente se refire, entendendo que non resulta conforme a Dereito o exercicio da potestade de revisión de oficio nos termos propugnados". Non houbo ningún outro informe do Consello Consultivo sobre esta mesmacuestión. Houbo outro sobre as expropiacións de Arquitecto Palacios, que o que facía precisamente era refrendar o anterior no que facía referenza a Finca do Conde. Isto é o que realmente hai.

Un saúdo.

concerto en vigo
Dende cando non hai en Vigo un concerto que motive os xoves?Dende aqui propoño que seria un pracer ter en vigo a cantante Rosa Lopez (concursante de ot, e representante de eurovisión) levo seis meses por toda España vendoa en concerto e en cada cidade na que estibo Rosa encheu o lugar, é disco do ano, e é moi querida por toda españa, sei que aqui en Vigo tamén teria Castrelos ata arriba de xente.Como campaña non seria mala idea traela e non é a primeira vez que apoia a un partido, pois pon a voz na banda sonora o partido de Estepona.Sei de moita xente que viria de fora se o concerto fose un sábado, seria o mesmo tempo bo pra a hosteleria de Vigo, pertenzo o seu club de fans por iso constame que viria xente de fora. Gustariame que tomásedes a miña proposta en consideración sexa como concerto de campaña ou non . Un saudo enorme e os meus millores desexos pra Santi (tuteandoo pq coñezoo de masiado jajaja) QUE O PROXIMO ALCALDE DE VIGO SEXA DE VIGO!! SORTE SANTI
patry - 06/03/2007 16:05:59

Resposta
Grazas pola túa aportación. Téremola en conta.
Finca do Conde e a abstención do BNG
Por favor poderíanme facer chegar ese "Informe perceptivo e vinculante do Consello Consultivo de Galicia rexeitou esa posobilidade" para poder ver de que se trata? Grazas.
Erasmo - 02/03/2007 18:11:47

Resposta
Achegámoslle o informe do Consello Consultivo de Galicia e agardamos que con el resolva as dúbidas que poida ter a respecto da posición do BNG sobre esta cuestión.

Un saúdo.


Nº DITAME 274
ANO 1999
DATA EMISIÓN 24/11/1999
LETRADO Gallego Fouz
RELATOR De la Torre Nieto
ORGANISMO PROCEDENCIA Concello de Vigo (Pontevedra)
ASUNTO Revisión de oficio do Plan Especial de Protección e Reforma Interior (PEPRI III-02, Finca do Conde).
TIPO DITAME Revisión de oficio
PROPOSTA Estimatoria
CONCLUSIÓN DO DITAME Desfavorable
TEXTO DO DITAME

ANTECEDENTES

1.- O Excmo. Concello de Vigo somete á consideración deste Consello Consultivo unha proposta sobre expediente de resolución de oficio, pola que se pretende a declaración de nulidade do Plan Especial de Protección e Reforma Interior III-02 "Finca do Conde" (en adiante PEPRI), ó abeiro do artigo 102.2 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en adiante LRXPAC), en relación cos artigos 62.1, e), f), e g), e 62.2 da mesma Lei.

Os fundamentos que sustentan a dita proposta de declaración de nulidade, resumidamente citados, son os seguintes:

- Non se recabou o informe preceptivo e vinculante da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, tralas correccións feitas polo técnico redactor, de xeito que a devandita Consellería puidera informar se foran cumpridos os reparos feitos pola mesma no seu segundo informe do 10 de marzo de 1998.

- O uso característico fixado pola ficha correspondente do PXOU como residencial deixa de ser tal na ordenación contida no PEPRI aprobado, en tanto que da mesma resulta como uso predominante, de feito desmesurado, o uso comercial terciario.

- Autoriza a ocupación e patrimonialización privada do aproveitamento do subsolo de zona verde do cuarteirón 3, que é de dominio e uso público.

- Non garda axuste coas determinacións de uso e reservas mínimas para zonas verdes esixidas polo PXOU.

En definitiva, segundo considera a proposta, o PEPRI "Finca do Conde" vulnera o PXOU que ten carácter de disposición de carácter superior, así como os artigos 26 e 56.2 da Lei do solo de Galicia 1/1997, entre outros.

A proposta vén subscrita por un técnico da administración xeral da Xerencia Municipal de Urbanismo, coa conformidade do xerente da Xerencia e o Secretario Xeral da Corporación.

O dito expediente de revisión ten como antecedentes os que se inician no momento de aprobación do Plan e que resumidamente a continuación se expresan.

2.- O expediente aprobatorio iniciouse coa presentación do proxecto o 8 de novembro de 1996, redactado e autorizado por arquitecto colexiado, conforme, entre outras, as características principais seguintes:

- Prevé unha edificabilidade media de 0,5 m²/m².

- Propón un uso terciario de 10.360 m² sobre rasante no cuarteirón 3, con posibilidade de ampliación en zonas baixo rasante, non computables a efectos de edificabilidade, que entón non se concretan (debe terse en conta que a zona está ubicada nun terreo en pendente).

- A edificabilidade residencial establécese en dous sólidos de 16 plantas, outro de 10 plantas e dous máis escalonados de 6 e 4 plantas na zona máis próxima ó Pazo existente.

- Manténse unha pequena superficie de vivendas unifamiliares existentes.

- A zona dotacional e de servicios urbanos sitúase nos bordes sur e leste do ámbito do PEPRI.

O obxecto do PEPRI é aborda-la reforma interior do espacio afectado e a protección do conxunto chamado "Pazo da Pastora", ben declarado de interese cultural.

O proxecto é informado seguida e sucesivamente por distintas unidades e órganos administrativos; así, informou primeiramente o arquitecto municipal, que non manifesta desaxuste ningún do PEPRI co Plan Xeral e a lexislación urbanística, que abordando unha descrición do contido do proxecto, considera explicitamente aspectos tales como o uso residencial característico, os equipamentos, os espacios para aparcamentos, e os "usos compatibles" baixo rasantes. Informaron, tamén favorablemente, a demarcación de estradas do Estado, e os servicios de patrimonio histórico da Xunta.

A aprobación inicial do PEPRI realízase polo Consello da Xerencia de Urbanismo do Concello na data 04.04.97, á que segue un período de exposición pública, no que se presentaron dez alegacións que foron replicadas polo arquitecto municipal e o arquitecto redactor do proxecto.

Nestas alegacións, sen prexuízo doutras cuestións específicas, suscitábanse cuestións de legalidade en col do uso predominante e característico previsto na ficha do PXOU, a desmedida afectación potencial de espacios ó uso terciario, e a inviabilidade do proxecto á vista do Plan Xeral.

3.- De acordo co disposto na Lei 1/97, do solo de Galicia, en data 01.10.97 informa o Plan por primeira vez a Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda formulando tres observacións básicas:

- A previsión de zonas verdes de dominio e uso público (por superficie, dimensións e características físicas) non se axusta ás determinacións mínimas establecidas na Lei do solo de Galicia, nin cumpren coas determinacións do artigo 4 do anexo ó Regulamento de planeamento, non acadando a porcentaxe mínima establecida no Plan Xeral de 16.180 m².

- O documento deberá respectar o réxime de uso característico residencial previsto no PXOU.

- O documento deberá respectar a porcentaxe de aproveitamento patrimonializable polos particulares do 85% e o 15% de cesión do mesmo ó Concello regulado no artigo 71.1, c) da Lei 1/97, do solo de Galicia.

O informe remata sinalando "Por todo o exposto, deberán subsanarse as deficiencias observadas no proxecto de PEPRI e, tralos trámites oportunos e inmediatamente antes de súa aprobación definitiva polo Concello, someterse a novo informe desta Consellería".

Recibido este informe no Concello, deuse traslado ós particulares promoventes, e así, no 20 de novembro de 1997 o arquitecto redactor do proxecto, en cumprimento do informe da COTOPV, presenta unha exposición adxuntando nova documentación, introducindo certas modificacións no proxecto.

Remitida a nova documentación á Delegación Provincial da COTOPV o 5 de decembro de 1997, recibiuse da mesma un novo informe de 10 de marzo de 1998; neste segundo informe, realízanse diversas consideracións e observacións sobre certos incumprimentos ou desviacións da normativa de aplicación, no tocante ó cómputo de zonas verdes, á porcentaxe de aproveitamento patrimonializable e á porcentaxe de cesión obrigatoria.

Este segundo informe da COTOPV, non explícita que se precise unha nova remisión ulterior polo Concello, aínda que prevén a necesidade de cumprimenta-las determinacións sinaladas.

4.- O Arquitecto municipal volta a informar sen obxeccións, o 24 de marzo de 1998, e posteriormente, o 26 de marzo de 1998 realízase informe-proposta do Xefe de Planeamento e Xestión da Xerencia municipal, no que se fai unha análise das alegacións presentadas e concrétase proposta final ó Pleno da Corporación de aprobación definitiva. Igualmente informa o PEPRI ó Secretario da Corporación, así mesmo con proposta final de aprobación ó Pleno, comentando ós informes da COTOPV e facendo unha observación sobre o Plano P-04 da documentación "Ocupación de subsolo", que no seu parecer non se corrixira e seguía a preve-la ocupación do subsolo de toda a mazá núm. 3.

Remata sinalando o Secretario que, coa referida matización sobre a ocupación do subsolo de zona verde pública, o Plan Especial axústase a Dereito polo que procede que o Pleno do Concello adopte acordo de aprobalo definitivamente.

Finalmente, con data 27.03.98, en sesión extraordinaria, o Consello da Xerencia de Urbanismo acorda proposta de aprobación definitiva do PEPRI III-02 Finca do Conde, que mereceu a posterior aprobación do Pleno do Concello na sesión de 16.04.98, realizándose posteriormente a publicación no BOP e no DOG.

Nas datas posteriores á aprobación do Plan serían tamén aprobados, en desenrolo do PEPRI, os correspondentes proxectos de urbanización, e de Compensación. Na actualidade están presentados e pendentes de trámite, o proxecto básico para a construcción no seu ámbito dun centro comercial e os proxectos para construcción de varios bloques para vivendas.

5.- No mes de xullo de 1998, dous particulares comunican ó concello o seu propósito de interpoñer sendos recursos contencioso-administrativos contra o acordo do Pleno aprobatorio do PEPRI de acordo co previsto no artigo 110 da Lei 30/92, do 26 de novembro. A teor das alegacións aducidas con posterioridade con motivo da tramitación do expediente de revisión de oficio que arestora nos ocupa, consta tamén que a Xunta de Galicia ten interposto recurso contencioso administrativo contra o acordo aprobatorio.

6.- O 26 de febreiro de 1999 o Director Xeral de Urbanismo da COTOPV requiriu ó Concello de Vigo para que, no prazo dun mes procedese a declarar anulado o acordo adoptado polo Pleno na sesión celebrada o 16 de abril de 1998, polo que se aprobou definitivamente o PEPRI Finca do Conde, así como a de tódolos acordos posteriores que traian causa deste, por ser contrarios ó ordenamento xurídico, coa advertencia de que no caso de non ser atendido o requirimento aquela Consellería podería adoptar ou insta-las medidas oportunas para o pleno restablecemento da legalidade urbanística vulnerada.

A instancias da Alcaldía solicitouse dictame de letrado alleo á Corporación, que concluíu na procedencia en dereito de non atende-lo requirimento feito pola Administración autonómica; nos mesmos ou semellantes termos se manifestan outros informes do Xefe de Planeamento e Xestión da Xerencia Municipal, e do Secretario Xeral adxunto da Corporación, así como constan, ó respecto, substancialmente coincidentes alegacións por parte da entidade Finca do Conde S.A.

Á vista de todo elo, o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, na sesión extraordinaria de 23.03.99 propón ó Pleno da Corporación o acordo de rexeita-lo devandito requirimento. A cuestión foi posteriormente retirada da orde do día na sesión plenaria do 15.04.99.

7.- Xurdida das eleccións municipais celebradas en xuño de 1999 unha nova Corporación Municipal, e con ditos precedentes como referencia, o novo Alcalde realiza unha consulta en torno ó Plan a un letrado alleo ó Concello, quen conclúe que a aprobación do PEPRI vai contra Dereito, ó contravi-las determinacións contidas na ficha correspondente do PXOU vixente, tendo en conta a Lei 1/1997, do 24 de marzo, e o Regulamento de Planeamento aprobado por RD 2159/1978, do 23 de xuño, na parte que continúa vixente.

O letrado fai énfase, no seu dictame, respecto do informe do Secretario Xeral incluído no texto do acordo plenario do 16 de abril de 1998, e tamén subliña que a publicación do devandito acordo plenario de aprobación definitiva do PEPRI non se fixo na debida forma.

8.- Con data 25.08.99 o Alcalde, seguindo o criterio do devandito dictame, propón ó Pleno incoar expediente ó amparo do artigo 102 LRXPAC, levando antes o asunto ó Pleno da Xerencia de Urbanismo. Nesta, en sesión do 27.08.99, un concelleiro mostra obxección se hai recursos contencioso-administrativos en marcha, solicitando outro concelleiro un informe conxunto dos técnicos municipais, urbanistas e xuristas, ó respecto do dictame do letrado e o requirimento que presentara a Administración autonómica.

Tal e como se recolleu no antecedente 1, finalmente, o Pleno do Concello, acorda o 30.08.99 incoar expediente de revisión de oficio, con base nos motivos xa entón sinalados, e contidos na proposta da Alcaldía que leva data 25.08.99.

No propio acordo suspéndese a execución do PEPRI con base no artigo 104 LRXPAC e concédese ós interesados prazo para a realización de alegacións; estas son formuladas por Desarrollo Comercial Urbano de Vigo S.A., Junta de Compensación Finca do Conde e Finca do Conde S.A. Estes mesmos posteriormente recurriron tamén en reposición fronte ás medidas suspensivas adoptadas polo Concello.

9.- O 28.10.99 o técnico da administración xeral ó que se fixo referencia no antecedente 1, subscribe a proposta de resolución para que se acorde a revisión de oficio, declarando a nulidade do PEPRI, desestimando ó mesmo tempo os recursos de revisión presentados.

10.- Con data de entrada de 29.10.99 o Sr. Alcalde Presidente do Concello de Vigo, remite a este órgano consultivo a citada proposta de resolución para o preceptivo dictame. Presentáronse alegacións ante o Consello Consultivo pola entidade Finca do Conde S.A., a Xunta de Compensación da Unidade de Execución do PEPRI III-02 "Finca do Conde" e a entidade DECOVISA.

11.- Os demais antecedentes dedúcense do contido do dictame.

CONSIDERACIÓNS

Primeira.-

O Concello de Vigo promove expediente de revisión de oficio, por aprecia-la concorrencia de nulidade de pleno dereito, respecto do Plan Especial de Protección e Reforma Interior "Finca do Conde", PEPRI III-02. Trala tramitación que se recolle extractadamente nos antecedentes, formulouse proposta de resolución, dirixida ó Pleno da Corporación, no 28 de outubro de 1999, subscrita polo técnico de Administración Xeral da Xerencia municipal de urbanismo, asumida de conformidade polo Xerente desta e o Secretario Xeral do Concello.

A revisión de oficio esténdese ós demais actos e instrumentos de xestión urbanística que traian causa da aprobación do PEPRI III-02.

Na súa literalidade, a devandita proposta propugna: "PRIMEIRO.- Desestimar en todos os seus termos as alegacións presentadas ó acordo do Pleno do Excmo. Concello de Vigo de data 30.08.99, de declaración de nulidade do PEPRI III-02 "Finca do Conde", por don F. C. A., en nome e representación da sociedade mercantil "Finca do Conde, S.A." e da Xunta de Compensación da U.E. do PEPRI III-02, e por don S. M. B. e J. de U., en nome e representación da sociedade mercantil "Desarrollo Comercial Urbano de Vigo, S.A.", por non resultar desvirtuados ningún dos fundamentos xurídicos que serviron de base á súa adopción. SEGUNDO.- "…., declara-la nulidade de pleno Dereito do Plan Especial de Protección e Reforma Interior PEPRI III-02 "Finca do Conde", aprobado definitivamente por acordo plenario do 16.04.98, así como de todos os demais actos e instrumentos de xestión urbanística que traian causa deste".

O artigo 4.1, g) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de réxime local, recoñece e atribúe ós concellos á potestade de revisión de oficio na esfera das súas competencias; os artigos 53 da Lei e 218.1 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, aprobado por Real Decreto 2568/1986, fan remisión, no tocante ós presupostos e trámites da dita potestade á lexislación estatal, remisión que debe entenderse, xa que logo, ó capítulo I do título VII da Lei 30/92, do 26 de novembro, reguladora do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común –en adiante LRXPAC- (artigos 102 a 106).

Nos antecedentes que preceden na proposta da que se deixou constancia, dentro do epígrafe "informe", invócase expresamente, no apartado I, o artigo 102.2 da LRXPAC, en relación co artigo 62.2, e no apartado III explícitase que "os motivos determinantes da nulidade de pleno dereito do PEPRI III-02 "Finca do Conde" quedaron expostos con toda claridade no requirimento formulado pola cotopv ó excmo. concello de Vigo o 26.02.99…".

Tratándose do artigo 102 da LRXPAC, o presente dictame deste Consello Consultivo reviste carácter preceptivo e vinculante. A tal fin, cómpre lembra-lo artigo 11, g) da Lei de Galicia 9/1995, do 10 de novembro.

Finalmente, e para pecha-la introducción do presente dictame, procede sinalar que na comunicación en virtude da que dase traslado do expediente e interesábase a emisión do dictame, alúdese a eventualidade da tramitación e dictado deste pola vía de urxencia; como resulta fácil comprender, o atendemento dunha tal petición pasa non somentes pola acreditación e apreciación de circunstancias especiais, senón que tamén require unha disponibilidade por parte do órgano emisor, en función da circunstancial carga de traballo e ante a necesidade de que a anteposición do expediente non pode disloca-lo despacho doutros dictames en curso, algúns deles precisamente merecentes da tal urxencia.

O Consello Consultivo, apreciadas as circunstancias, xulga acreditada por obviedade a urxencia, xa posta de manifesto durante a tramitación por algún dos interesados, e conferiu a maior aceleración ponderada e posible á tramitación, anticipando a deliberación do presente dictame, con reducción, en todo caso, do prazo máximo de que dispón a teor do artigo 18 da Lei 9/1995.

Segunda.-

O artigo 102 de contínua cita prevén que o procedemento de revisión acomodarase na súa instrucción e resolución ás determinacións do título VI da Lei 30/1992, que inclúe as normas xerais sobre procedementos administrativos.

Durante a tramitación do expediente aducíronse, por diversas partes interesadas, varias supostas infraccións procedimentais; en particular, non pode arestora deixar de mencionarse que, por parte dalgunha delas reprochouse, no seu momento, a presunta vulneración dos criterios que presiden o esencial trámite de audiencia, imputando a práctica postergada deste, determinante -segundo se alega- de vicio grave de procedemento; a infracción radicaría así en que a audiencia conferiuse con posterioridade ó acordo adoptado polo Pleno na sesión do 30 de agosto de 1999, cando debera terse realizado con anterioridade. Resultaría non obstante precipitado, dadas as circunstancias, neste punto da exposición, concluír en que non se comparte a imputación, da que se deu conta no parágrafo precedente, de vicio na audiencia; pola contra, é preciso proseguir na análise da cuestión que amosa ser máis complexa.

O acordo plenario en cuestión non reviste, certamente, carácter resolutoriamente concluínte senón que explicita precisamente unha actuación de trámite, esencial si, mais, reitérase, de mero trámite, a virtude da que se inicia o especial procedemento de revisión de oficio, de maneira que, precisamente en aplicación do invocado artigo 84.1 da LRXPAC, non é entón senón con posterioridade cando procede da-la audiencia, unha vez instruído o procedemento e incorporados ó expediente os feitos e argumentos precisos para ter cabal coñecemento da cuestión que nel se debate.

Como queda recollido nas actuacións, recoñeceuse con ocasión da notificación do dito acto de iniciación a posibilidade de facer alegacións e achegar documentos, con cita do artigo 112; esta indicación ha de entenderse, e realmente así pode facerse sen terxiversa-los feitos, como unha particularización do previsto no artigo 79, que acada a súa explicación no dato evidente de que a revisión de oficio constitúe funcionalmente un procedemento de segunda ocasión (precisamente porque é de revisión), condición que o aproxima ós recursos administrativos (que non son senón revisións a instancia de parte), e que presupón, necesariamente a previa tramitación e decisión doutro expediente xa finalizado. Conseguintemente, non é relevante a invocación do artigo 112, pois era claro cál era a finalidade pretendida e tal invocación non xerou desconcerto ou indefensión ós destinatarios (proba disto é o entendemento correcto que fixo algún dos outros interesados).

Nembargantes, o expediente que nos ocupa suscita unha particularidade procedimental; e tal é que, realmente, non existiu outra instrucción propiamente dita, a partires da incoación, que a consistente na presentación de alegacións, se exceptuamos as réplicas formuladas polo letrado alleo á Corporación (mais concretamente na de 30 de setembro de 1999). Esto evidenciase palmariamente na observación feita por este último, cando sinala, nas notas complementarias replicantes ás alegacións contra a revisión, no tocante ós informes técnicos que as partes interesadas requiriron, que "…virán no seu intre logo das alegacións". O certo é que trala réplica sinalada non se incorporou instrucción algunha pois soamente consta a proposta do técnico de administración xeral da Xerencia, articulada como informe-proposta.

Polo dito, o traslado a efectos do artigo 79 (malia a invocación do 112) esgotou, de feito, o que eventualmente puidera facerse ó abeiro do 84, pola sinxela razón de que nada novo instruíuse con posterioridade, dada a condición de réplica dos escritos do letrado, e sendo así que o informe do técnico de administración xeral máis que tal é, como indica, a proposta mesma. Con isto dáse unha aparente falta de coherencia entre o proceder seguido polo Concello promotor do expediente e o contido do dito informe do letrado alleo á Corporación, xa que argumentalmente seméllase que o letrado entendía, e así o expresou, que, sen prexuízo dos seus argumentos, era preciso dispoñer doutros pareceres tamén tecnicamente cualificados; e a dita incoherencia non quedou sequera superada, formalmente, pola simple declaración, eventualmente dictada ó abeiro do artigo 84.4 da LRXPAC, de que era do caso prescindir do trámite dádalas circunstancias.

En realidade esto é precisamente o que ocorreu, aínda que non se declarara expresamente, ante a evidencia de que a proposta, se ben ten en conta como antecedente o devandito informe de letrado, no plano argumental conecta directa e literalmente o estado da cuestión co contido no requirimento que suscitara a administración autonómica, trámite xa controvertido anteriormente e que asúmese, entón, ad pedem litere.

Vistas así as cousas, nun trámite como o que arestora nos ocupa, sendo así que os interesados teñen presentado alegacións de forma e fondo, e que non se aprecia indefensión, é máis acorde coa funcionalidade do presente dictame senta-la conclusión de que o procedemento de revisión, en substancia, está correctamente tramitado, á vista do seu específico contido, o que se declara, obviamente, sen prexuízo do que noutras instancias se faga valer. Máis tarde, pero xa dende outra óptica, voltaremos sobre este particular.

Terceira.-

Do expediente poderíase deducir unha certa confusión entre dúas cuestións ben diversas; tales son, dunha parte, a necesaria diferenciación entre o acto administrativo de aprobación, polo Pleno do Concello, do PEPRI III-02, e este mesmo; e doutra, identifica-lo obxecto material da revisión de oficio. A diferencia vén esixida polo dato, esencial, de que o acordo plenario é un acto, como queda dito, mentres que o PEPRI é unha norma urbanística. Dícese esto porque non só algunha das partes, senón o Concello mesmo mesturan a invocación dos artigos 62.1 e 102.1 cos respectivos parágrafos 62.2 e 102.2 da Lei 30/1992 (así na proposta e no acordo de iniciación deste expediente de revisión, nos que se invocan os apartados e); f); e g) do artigo 62.1).

Principiaremos por analiza-la primeira cuestión, pospoñendo arestora calquera opinión, a resultas do contido do dictame, no tocante a actuacións, propiamente tales, posteriores á aprobación do Plan, obxectivo derivado, complementario e secundario da revisión.

Para unha superación imprescindible deste conflicto, necesariamente previa, cómpre salientar que en realidade, aínda sendo entidades ontoloxicamente diversas ó acto aprobatorio e á norma urbanística PEPRI, o obxectivo do expediente de revisión, atendido ó seu contido, é este último. Por outra parte, ninguén aduce vicios exclusivos do acordo de aprobación que eventualmente permitiran configura-lo como obxecto específico de revisión. Conseguintemente, unha vez máis, xurde a regra de orde da tramitación administrativa conforme á que contra o acto resolutorio final concítanse, concentradamente, a reacción contra tódolos vicios nos que se incorrera durante a tramitación.

Como consecuencia do dito, os presupostos e as causas xurídicas de revisión a aplicar son as propias das normas e non as dos actos administrativos; é dicir, os artigos 62.2 e 102.2 da Lei 30/1992.

Non debe esquecerse esta circunstancia porque a potestade de revisión de oficio de normas de valor equivalentemente regulamentario, como é o caso do PEPRI III-02, constitúe o paradigma máis relevante e a manifestación de maior transcendencia do poder exorbitante da autotutela administrativa; ata tal punto se trata dunha facultade exorbitante que ó lexislador, supraordenado á Administración, estalle vedada unha tal facultade, pois pode derrogar mais non anular, aínda mediando razóns de legalidade, os froitos do seu proceder. Queda así demostrada a formidable potencialidade da potestade de anulación de normas administrativas.

Esto explica tamén a polémica xurdida na doutrina, trala promulgación da Lei 30/1992, con respecto á posibilidade ou non de entender comprendida, entón, no artigo 102.1 (ó non existi-lo actual 102.2 introducido pola reforma da Lei 4/1999) a eventualidade da revisión de oficio de normas, polémica que acadou trascendencia no propio seo do Consejo de Estado e que se manifestou en diversos dictames decididos por maioría, citándose por todos eles o 524/95, do 30 de novembro.

Cuarta.-

Ubicada a cuestión en debate na revisión de oficio dunha norma administrativa, resulta imprescindible agora, chegados a este punto da argumentación, aborda-la análise dos presupostos requiridos polo artigo 102.2 da LRXPAC.

Pospoñendo de momento a estudio do elenco das causas eventualmente determinantes da nulidade da norma urbanística, está suscitado na tramitación o problema da concorrencia dun feito constatado, cal é a existencia de diversos recursos contencioso administrativos, e particularmente un deles promovido pola Comunidade Autónoma fronte á declinación tácita pola Corporación do requerimento de restitución da legalidade realizado pola COTOPV.

Aínda que no expediente non se dá constancia do preciso estado procesual deste litixio, que pode atoparse en fase de contestación da demanda, non parece arriscado partir da razoable suposición de que o obxecto material da pretensión da parte actora terá, substancialmente, idéntica extensión que o requirimento previo, atendendo a razóns de coherencia e ás esixencias derivadas do carácter revisor do orde xurisdiccional contencioso administrativo.

E dito esto, é conclusión evidente a de que, polo menos no tocante a este recurso contencioso administrativo, se trata dun litixio que versa sobre a práctica plenitude do PEPRI III-02, tanto nos seus aspectos formais ou procedimentais como nos materiais, afirmación que non require consideración complementaria que a xustifique por canto que abonda con ter presente o extenso e denso requirimento formulado pola COTOPV, o dito sexa sen entrar na análise do seu contido e circunstancias, alleo como é ó cometido que arestora nos ocupa.

No expediente remitido, suscitada esta cuestión por unha das partes interesadas como causa precisamente obstativa determinante da imposibilidade da revisión de oficio, a réplica consistiu no respetabilísimo dictame do letrado alleo á Corporación, de data 30 de setembro, e no manifestado no apartado II do epígrafe "informe" da proposta.

Na procura en pro dunha conclusión sobre o particular, haberemos de partir, necesariamente, da afirmación evidente de que a literalidade do artigo 102.2, en comparación co 102.1, indicaría preferentemente o criterio de que no caso das normas a revisión de oficio non coñece límites, estea ou non sub iudice a cuestión. Este é o fundamento que induciu á desestimación, durante a tramitación, do alegato de parte do que xa se deixou razón.

Nembargantes, a literalidade non esgota as posibilidades de interpretación do precepto nin é o criterio preponderante á vista do artigo 3 do Código Civil.

Chegados aquí, resulta evidente que se o lexislador estima conveniente prever unha contención, ante determinadas circunstancias, a modo de limitación do exercicio da potestade de revisión do oficio cando de actos administrativos se trata, débese sopesa-la conveniencia e procedencia de estender tal contención respecto das normas regulamentarias, a menos que consten razóns precisas que fagan obvio establecer unha diferenciación de trato.

Todo esto, sobre a base, que para este Consello Consultivo non admite dúbida, de que, trala reforma operada pola Lei 4/1999, a locución "…recurridos en plazo…" cingue tamén ó recurso contencioso administrativo, pois substitúe á dicción anterior do artigo 102.1 que falaba de "recurso en vía administrativa".

Na definición da configuración das potestades administrativas non debe xamais esquecerse que os eventuais límites daquelas baséanse, en último término, na característica situación institucional da Administración no ordenamento xurídico. Así, as relacións das Administracións e o Dereito plantéxanse en tres planos diferentes; en primeiro lugar suscítase a situación da Administración ante o ordenamento, que se articula conforme ó principio da xuridicidade; en segundo lugar e máis especificamente, danse as relacións entre a Administración –e as súas diferentes actividades- e as leis, que se rexen polo principio de legalidade, e finalmente cabe considera-las eventuais relacións das normas regulamentarias para con as demais fontes do Dereito e en particular a lei, que se explican polos principios de xerarquía normativa e reserva constitucional de lei.

Por obviedade, ó principio de legalidade non consume nin enerva o de xuridicidade, que, lonxe delo, resulta previo por máis que no Dereito actual dase unha certa confusión de ambos no primeiro, sen dúbida en atención a que a legalidade presupón a xuridicidade e esta implica e conleva aquela.

Conseguintemente, a afirmación absoluta do principio de legalidade, que ninguén cuestiona nun estado de dereito, non é abstracta e primaria senón no marco do previo principio de xuridicidade, e esa necesaria relación entre Administración e Dereito determina que a verificación de legalidade non se ve limitada á illada relación entre unha norma e outra superior, senón ó conxunto do ordenamento. O dito explica –e invócase a efectos exclusivamente argumentais e paradigmáticos- o teor, noutro caso sorprendente, do artigo 106 da LRXPC, que establece unha indubitada contención ós supostos de revisión de oficio –incluído o caso do artigo 102-, precisamente en eventos nos que a verificación de legalidade, estricta e illadamente considerada, cede ante o ordenamento no seu conxunto e, particularmente, ante os seus principios e valores.

No momento presente, a plenaria configuración do recurso contencioso administrativo, a extensión practicamente ilimitada da lexitimación sexa cal sexa o obxecto da pretensión, e a potenciación das modalidades de recurso directo e indirecto (coa significativa fórmula da cuestión de ilegalidade) fronte ás normas de rango regulamentario, permiten constata-la supeditación necesaria da actuación administrativa en vía de revisión de oficio, pendendo un litixio nesa orde xurisdiccional, e máxime se esta afecta á totalidade dos aspectos da actuación administrativa lexiferante. Interesando non obstante precisar, para completa-la exposición deste tema, que a devandita afirmación non descoñece o ámbito propio e a eficacia do artigo 76 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdicción contencioso administrativa, que conserva a súa razón de ser para as chamadas resolucións tardías ou as fórmulas de composición.

Non a outra conclusión se achega se partimos da chamada potencialidade expansiva dos dereitos fundamentais, posta en relación co artigo 24.1 da CE.

Mostra evidente desa supeditación, é a doutrina do TC nunha materia tan sensible (e ó tempo tan tradicionalmente inherente ás potestades administrativas) como a de a necesaria postergación da executividade dos actos, pendendo a decisión xudicial –habitualmente demorada en prazos non precisamente breves- sobre a petición de suspensión formulada polo recorrente. Por todas cítase a sentencia 199/1998, do 13 de outubro.

Á vista dos argumentos que preceden, non so non se albiscan razóns que xustifiquen a imposibilidade de subsumir baixo idénticas connotacións a revisión de oficio dos actos e das normas, senón que a fortiori, as contencións expresamente previstas no apartado 1 do artigo 102 LRXPC, operan, con maior razón, cando de normas regulamentarias se trata, a excepción do requisito, aquí inherente, do esgotamento da vía administrativa. Aínda máis, o carácter reforzadamente excepcional da revisión de oficio de normas vese confirmado polo dato de que o lexislador excluíu respecto delas, expresamente, a revisión a instancia de parte en vía de recurso, o que indica a preferencia, evidente, pola radicación deste xuízo de legalidade na vía xurisdiccional, recentemente potenciada na nova configuración da que anteriormente se deu conta.

Consecuentemente, ante a plenitude formal e material do obxecto da pretensión que verosimilmente conleva o recurso contencioso administrativo promovido pola Xunta de Galicia, a pendencia deste obsta, en criterio do Consello Consultivo, e por aplicación do previsto no artigo 102.2 en relación co apartado 1 do precepto, a prosecución da revisión de oficio pretendida, dándose, como é o caso, unha identidade de causas, como o acredita a enunciación que destas se contén na proposta de resolución que literalmente remite ó requirimento feito pola Administración autonómica.

Quinta.-

Aínda que a conclusión sentada permitiría poñer fin ó presente dictame, a funcionalidade dun trámite como o que nos ocupa da ocasión para que este Consello Consultivo afonde, no que resulte preciso, noutras consideracións que, sen dúbida, suscita unha situación tan complexa e trascendente como a que concita o PEPRI III-02 do Concello de Vigo, máxime cando, como é o caso, o motivo primario determinante do ata agora exposto contido do dictame, garda relación cunha cuestión previa someramente tratada durante a tramitación administrativa. A este fin adícanse as consideracións que se establecen de seguido.

Sempre sobre a base de que estamos a dilucida-la legalidade dunha norma urbanística, hai un dato tradicional no noso Dereito, conforme ó que, as normas son, de se-lo caso, nulas mais nunca anulables. Elo determina que o xuízo de legalidade, no que en esencia consiste un procedemento de revisión de oficio, é, á vez, máis severo -porque a conclusión é radical- pero tamén ha de ser máis rigoroso e ponderado xa que ha de apreciarse nada menos que un motivo de tal entidade que permita -e obrigue- expulsar do ordenamento unha norma.

Cómpre tamén non esquecer que a revisión de oficio, sexa de actos administrativos ou de normas de rango regulamentario, implica un suposto de contrarius actus, evento que o Dereito sempre admite limitadamente ante o desafío que implica para un principio xeral ou valor esencial que é o da seguridade xurídica. Estando en compromiso tan altos elementos, sen demérito da potestade revisoria, legalmente prevista, o terminante é que non pode resolverse por esta excepcional vía calquera eventual conflicto nunha aplicación sen perspectiva do criterio de legalidade constreñida ó limitado ámbito da relación entre as normas estrictamente afectadas, neste caso o Plan Xeral e o PEPRI. Eís o que anteriormente dixemos sobre a función do principio de xuridicidade.

Directamente relacionado co xuizo de legalidade está, á súa vez, o chamado xuízo de relevancia. A inexistencia da categoría da anulabilidade respecto das normas –xeralmente aceptada na doutrina- non autoriza a traspoñer, sen máis, os criterios e causas de nulidade e anulabilidade dos actos e entender que, respecto daquelas, tódalas causas son, sempre e só, de nulidade absoluta. Requírise pola contra un xuízo de relevancia á hora de aprecia-lo vicio de legalidade en cuestión, de modo que se constate a certeza e convicción, e non a mera verosimilitude, dunha relevante vulneración dos criterios básicos que presiden as relacións entre normas.

Ó tratarse de normas, as relacións entre o plan xeral e o plan especial han de medirse polos criterios propios destas e en concreto os de preeminencia ou procedencia, xerarquía e o de especialidade ou competencia.

É importante para o asunto recoñecer que a xerarquía non é o único criterio de relación entre normas; nin o é a nivel de leis (leis ordinarias e orgánicas), nin o é a nivel de regulamento (regulamentos xerais e especiais) nin o é a nivel de planes urbanísticos.

E é importante ter esto en conta porque se ben nun réxime de exclusiva relación de xerarquía, as diverxencias relevantes do elemento inferior constitúen sempre vulneración ou vicio de legalidade e provocan nulidade plena, a cousa xa non é tan clara cando operan, aínda que sexa parcialmente, os outros criterios, anque o feito de que non caiba facer unha tal afirmación de principio como a sentada para a xerarquía, tampouco permite contrariamente afirmar que vale calquera desviación dos elementos ou normas secundarios ou dependentes.

A lexislación do solo estatal e a Lei autonómica 1/1997 –que entrou en vixencia durante a tramitación do PEPRI cos efectos previstos na súa transitoria cuarta- atribúen ó plan xeral unha posición preeminente xa que é a peza básica da ordenación urbanística do municipio e lle compete a ordenación integral. Respecto a eles, os demais tipos de planes comparten en común que son "desarrollos" do plan xeral e tamén lles é común que "no pueden suplir o suplantar al plan general". Pero a partir de aquí hai diferencias esenciais entre os plans parciais e os especiais.

Os segundos desenvolven as previsións deste, dispensando un tratamento particularizado a aspectos xa non só fisicamente concretos senón, máis trascendentemente, singularizados, dos que a adecuada ordenación resulta impracticable ou moi dificilmente practicable no contexto de instrumentos de planeamento xerais. Dáse claramente respecto dos plans especiais unha habilitación ou delegación polo plan xeral, pois a categoría do plan especial é continxente e o seu cometido e contido dependen, dentro do marco legal, do apoderamento ou delegación que o plan xeral lles faga, por unha parte, e da súa finalidade ou cometido, por outra (con fondas particularidades no caso das reformas interiores de ordenación integrada).

Quérese dicir co exposto que a inserción, pois, dos plans especiais no conxunto da planificación urbanística, calquera que sexa a conceptuación que se teña respecto deles como manifestacións da planificación territorial, non pode resolverse tanto soamente conforme a criterios abstractos canto en atención á situación e condicións urbanísticas de cada municipio e ás prevencións do plan xeral, de modo que a relación dos plans xerais e os especiais admite unha marxe de variabilidade ou laxitude en función dos termos da delegación polo plan xeral, dos criterios ou directrices máis ou menos particularizados que este conteña e da finalidade pretendida.

Todos estes elementos conformadores, in concretum, da dita relación, aínda sendo certo que operan no marco das leis, é evidente que quedan á apreciación da Administración autora dos instrumentos normativos considerados, a propia Corporación, o que non é senón unha particularización acentuada da ampla marxe de discrecionalidade que o planeamento urbanístico implica.

Sexta.-

Cómpre arestora voltar sobre un elemento ó que anteriormente se fixo referencia, polo demais posto de manifesto durante a tramitación do expediente de revisión, e consiste na inevitable comparación entre a tramitación seguida para a aprobación do plan especial e a que máis recentemente proseguíuse para propugnar anulalo. E aínda que puidera parecer unha comparación arbitraria ou acomodaticia, vémonos obrigados a declinar tal sospeita, por dous xéneros de razóns; unha primeira é a de que a comparación vén permitida polo feito de que, aínda que sendo dous procedementos diversos, atenden á mesma finalidade: a emanación dun producto normativo que mereza a incardinación no ordenamento, reto que require unha posta a proba de toda a infraestructura técnica de que debe dispor, é dispón efectivamente neste caso, o Concello. A segunda radica no feito, xa antes aducido, de que a revisión supón un contrarius actus.

Dáse, como punto de partida, unha norma urbanística, informada favorablemente por tódolos técnicos municipais (xuristas e urbanistas), nun proceso durante o que estes teñen replicado extensamente alegacións nas que se cuestionaban aspectos concretos do plan especial e extremos substanciais tales como a eventualidade de privilexios de dispensación, inviabilidade do plan especial á vista das insuficiencias do plan xeral, precisións entre usos característicos e/ou predominantes, e outros, terciarios, complementarios, compatibles ou tolerados, etc. Proceso de réplica que tivo unha segunda volta, con ocasión do requirimento da administración autonómica.

O dito plan urbanístico, unha vez aprobado e publicado, goza da presunción de legalidade propia das actuacións administrativas, que certamente é iuris tantum, noustante o cal, aquela é afirmable no presente, sen prexuízo da actitude lexitimamente impugnatoria por parte da Comunidade Autónoma.

O reforzamento dos medios técnicos multidisciplinares aplicados na elaboración dunha norma de planeamento urbanístico (aínda que non é exclusivo deste ámbito) provoca por consecuencia unha sorte de preferencia respecto do criterio do ente administrativo –autor dela- no tocante á apreciación, valoración e xuízo, de modo que á presunción xeral de legalidade e acerto vese reforzada, nestes ámbitos predominantemente técnicos, e non é factiblemente substituíble por un criterio alleo, sempre que os razonamentos e motivacións administrativos se manteñan, como é habitual, dentro das márxenes de razonabilidade.

O dito afecta, incuestionablemente, ó axuízamento da eventual existencia dunha vulneración xurídica múltiple, por razóns procedimentais e sustantivas, nun plan urbanístico, axuízamento que require examinar e contrastar elementos predominantemente técnicos (sen prexuízo do seu valor normativo), ben sexa en vía xudicial ou inclusive e alternativamente nun ulterior trámite administrativo como é o caso da revisión de oficio.

No presente caso, hai un innegable cambio de criterio, avalado por un respectable informe de letrado alleo á Corporación, mais en momento ningún recabouse o parecer dos urbanistas municipais e do Secretario, asesor primario e preferente da Corporación, ós que, paradoxicamente, apelaba –en loable e prudente parecer- o propio autor daquel dictame nas súas notas complementarias de 30.09.99. Esta circunstancia pesa, inequivocamente, nun suposto como o presente dun contrarius actus no que a falla de equivalencia ou homoxeneidade entre ambos procesos amósase como creba dunha principal garantía cando se trata de propugnar, como é o caso, non unha variación de apreciación dentro das alternativas discrecionais senón por razóns de estricta legalidade.

Á vista do exposto, non pode senón concluírse en que dadas as circunstancias, e sen prexuízo da cuestionabilidade do PEPRI III 02, no presente expediente de revisión de oficio, co contido que nos é dado, é máis factible acadar conclusións de mera verosimilitude acerca da cuestionada subordinación respecto dos mandatos do Plan Xeral, que conclusións de certeza e convicción plena sobre a existencia de relevantes vulneracións, concitando unha impresión final de estarse a manexar, por suposto que lexitimamente, criterios predominantemente "valorativos", baseados en interpretacións sobre o que quixo determinar, dicir ou indicar o Plan Xeral. Dito noutros termos, como queira que a configuración, en efecto e relación comunicante, dos respectivos contidos do Plan Xeral e o PEPRI foi cuestión dispoñible á discrecionalidade da entidade local, arestora, en sé da revisión de oficio, non aparece respaldada con argumentos de convicción plena e en términos de legalidade a decisión de contrarius actus que se propugna.

Esta realidade, dende o plano substantivo e nunha visión garantista necesariamente respetuosa do principio de xuridicidade, conceptuado tal e como antes se expresou, non abonda para informar favorablemente a pretendida revisión de oficio por mediar suposta nulidade de pleno Dereito.

Sétima.-

Finalmente, e non con menor trascendencia, á revisión de oficio pretendida obsta o principio da preservación da vixencia das normas, auténtico ben xurídico merecente de protección.

En efecto, á vista dos informes técnicos disponibles, emitidos a resultas do requirimento da administración autonómica, que particularmente poderemos agora sintetizar no subscrito polo Secretario da Corporación -asumido polo Concello de Xerencia Municipal de Urbanismo-, a conflictividade do PEPRI manténse a nivel dunha discrepante opinabilidade sobre os aspectos concernidos polas observacións contidas na conminatoria comunicación da COTOPV.

Así, en particular, no tocante á vulneración do artigo 45.2 da Lei do solo de Galicia, o criterio da proposta agora considerada, expresado na consideración complementaria 1ª, vese contrarrestado e pende en polémica coa argumentación do fundamento sexto do informe do Secretario Xeral do Concello.

Tampouco supera o nivel da opinabilidade o debate sobre a contravención fraudulenta e encuberta do uso característico residencial, en razón do complementario uso comercial baixo rasantes; aquí a discrepancia está plantexada, mais non superada, entre a tese de se o uso terciario devén das previsións xenéricas do Plan Xeral -non exceptuadas para o ámbito do PEPRI- ou, como se afirma na proposta, se contrariamente se trata dunha omisión de precisión, relevantemente implícita en termos de previsión normativa negativa e excluinte, naquel plan.

Estamos verosimil e preferentemente ante unha cuestión interpretativa respecto da que existen fórmulas no proceso de desenvolvemento e execución do PEPRI, que permitirán supera-lo conflicto, aproveitando o impulso argumentativo que achega o feito, particularísimo, de que na creación da norma tiveron intervención, nada menos que a título de proposta, ós suxeitos privados afectados ou outros que traen causa dalgúns deles.

Estas mesmas consideracións parecen aplicables ó apartado 3ª da proposta, no tocante á problematicidade do réxime de titularidade e uso da zona verde do cuarteirón 3ª.

En todo caso, a discrepancia sobre eventuais interpretacións, non autoriza a extrema e severa conclusión draconiana da nulidade plena e completa do PEPRI, marxinando a límine o criterio, xeral no noso dereito, de preserva-la vixencia e subsistencia das normas mediante a busca dunha interpretación coherente no seo do ordenamento.

Oitava.-

Adoptado este criterio no que atinxe ó PEPRI III-02 "Finca do Conde", idéntica resulta a conclusión con respecto ás actuacións posteriores ás que facía referencia a proposta de resolución considerada.

CONCLUSIÓN

Por todo o anteriormente exposto, a Sección Primeira do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade de tódolos seus membros dictamina:

"Que informa desfavorablemente, con carácter vinculante, a proposta de resolución a que o presente expediente se refire, entendendo que non resulta conforme a Dereito o exercicio da potestade de revisión de oficio nos termos propugnados".

Que propón o BNG para o tema Finca do Conde?
E agora que vai pasar ? Cómo pode o BNG xustificar diante da opinión pública aquela estrana votación na Xerencia de Urbanismo...? Votación: EN CONTRA: 4 votos PP (Sres. Figueroa Vila, Iglesias Carrera, López-Chaves Castro e Porro Martínez) ABSTENCIÓNS: 3: 1 DPG (Sr. Soto Ferreiro) e 2 BNG (Sres. Fernández Fernández e Toba Girón) A FAVOR: 3 PSdeG-PSOE (Sres. Barros Puente, Ruiz Ceniceros e Pérez Mariño) A FINCA DO CONDE será unha baza nas mans do PsoeLocal? Hai unha saída para este tema?
Erasmo - 20/02/2007 1:48:07

Resposta
Cando o BNG chegou ao goberno da cidade unha das súas primeiras decisións foi tratar de anular o proxecto de Finca do Conde e levou esa proposta ao pleno, pero un informe perceptivo e vinculante do Consello Consultivo de Galicia rexeitou esa posobilidade. Nese informe, e noutros posteriores, baseouse a abstención do BNG naquela Xerencia. En canto a solución para Finca do Conde, nós consideramos que o prioritario é resolver a situación na que quedan as terceiras persoas que de boa fe adquiriron esas vivendas. Ese debe ser agora a prioridade do Goberno do PP e, por suposto, nós non creemos que un asunto no que está en xogo o futuro de tantas persoas poda usarse como baza electoral por parte dun partido.
Moitas grazas polo seu comentario.

Que pasa cos presupostos !!!
E unha vergoña que non se poñan de acordo 27 persoas, e vostedes queren ser nacion? primeiro deberemos superar a mediocridade dos politicos desta cidade que non estan a altura dos cidadadans.
Carlos - 06/02/2007 19:32:45

Resposta
Respetamos a súa opinión, pero non a compartimos. En primeiro, e difícil poñerse dacordoa canda unha das partes somentes quere utilizar electoralmente a súa proposta orzamentaria, para presentar como "os malos da película á oposición" e desempeñar un papel de víctima. Como se entende senon que obras que parecían fundamentais o ano pasado, e que non se fixeron, non aparezan no documento que se levou a pleno hai uns días. ¿É que xa non son tan fundamentais?. O BNG non pode apoiar un orzamento do Partido Popular, pero non porque esteamos a escasos meses das eleccións. Nós non temos mudado de posición, nunca apoiamos un orzamento do PP porque o seu modelo de cidade non ten nada que ver co noso.

Un saúdo.
Transporte publico as Gandaras.
Tan de moda o medio ambiente e o pouco que facemos por el.Quero propor unha iniciativa boa moi boa simplemente temos que crer nela. Como traballador no poligono das Gandars que propor que se traballe por unha carencia que ten este poligono e o da Granxa e debemos correxir. A necesidade real dun transporte publici entre os dous poligonos e Vigo,miles de traballadores nos movemos a diario.Se pode reducir unha parte de cotaminacin importante e o mais importante reducir acidentes. Podemos fomentar varias iniciativas para o transporte publico pero basicamente duas o tranporte en autobus e o tranporte ferroviario.Ademas de crear unha bolsa devehiculos particulares voluntarios para o mismo fin. Podemos traballar por un avance social e ecoloxico.Grazas.
Xosé Bieito - 31/01/2007 0:03:33

Resposta
Parécenos moi acertada a túa proposta e pensamos que é algo que podería resolverse coa creación da Área Metropolitana. Precisamente o BNG propuxera no seu momento que unha das funcións da Área Metropolitana fora a de crear un consorcio de transporte metropolitano, no que tería perfectamente cabida o que ti dis. Nesta liña se tiña avanzado moito, pero lamentablemente frustrouse. Agardamos que non continúe demorándose algo que consideramos fundamental para o desenvolvemento de Vigo e a súa área metropolitana, e que permitiría das resposta a cuestións tan fundamentais como a que ti sinalas.

Un saúdo e grazas pola túa achega.

Nonn ai pra pintura....
Quero expor dende aqui,este foro de todos o que a mi como a moitos usuarios da utoestrada Vigo-Porriño o que a min me parece unha tomadura de pelo. Resulta que esta autoestrada esta catalogada como moi perigosa,de feito asi é.Medidas preventivas radares,limites de velocidade anomal sinalizacion luminosa..etc... Resulta que os dias de chuvia a autoestrada casi nin se distingue porque a pintura da via casi non existe e administracion en vez de correxir esta grave e perigosa deficiencia,pon dous carteles un no seminario e outro en Puxeiros donde pon PELIGRO CARRETERA SIN PINTAR.¿Que e o que quere dicir con isto fomento?que nos coma cidadan e usuarios temos que pintala,Ou o que se pretende e convetila en mais perigosa?? Xa esta ben para todos os que todolos dias estamos nela. Grazas Xosé Bieito
xosé Bieito - 21/12/2006 1:17:34

Resposta
Parécenos moi acertada a túa achega, porque é algo ao que urxe darlle unha solución. Dende o BNG temos reclamado insistentemente a necesidade de que se reforme ese vial. A nosa deputada Olaia Fernández ten presentado varias iniciativas nese senso. Agardamos que o Ministerio de Fomento asuma a súa responsabilidade e resolva esta situación. O BNG continuará traballando para que así sexa.
BNG 2007
Hola. Aínda que estudio en Madrid sigo moi de cerca a política en Vigo e podo dicir que estou moi orgullosa de que o candidato a alcaldía sexa Santiago Domínguez. Espero que o resto da lista sexa tan válida coma el, e de que por fin se teña en conta á xente máis xoven. Eu participei coa xente de Galiza Nova nalgunhas manifestacions e charlas e hai unha chica e un chico que son responsables de Galiza Nova e cuias caras espero ver na lista porque teñen moitas tablas e traballan moito. Se os vexo na lista de seguro que xa tedes o meu voto. Eles son os políticos cos que a xente coma min se relacionan. Son xóvenes, activos e véselles que saben do que falan. Espero que o Bloque esta vez si que leve a xente coma nós na lista para que quede claro que é o partido da xente máis xoven. Apetecíame dicilo porque creo que as eleccións non as gaña só o primeiro da lista se non os que van detrás e sentiríame máis orgullosa de esa lista se vira aí ás persoas coas que me relacionei algunha vez que non son políticos convencionais se non xente da calle que estiveron con nós e que nos prestaron axuda cando tivemos problemas no instituto. Levo 2 anos en Madrid e non me olvido de eles. Pensei que chegarían lonxe e agora que teñen oportunidade espero que por unha vez non vos esquezades de que os xóvenes tamén poden facer cousas grandes.
Alba - 11/12/2006 2:41:11

Resposta
Grazas polo teu comentario.
O BNG fará unha candidatura tentando dar resposta a todos os sectores sociais e as necesidades que ten esta cidade. Agardamos que o equipo que acompañará a Santiago Domínguez conte co teu respaldo.

Un saúdo.
A lingua nai
Recentemente asistin a unha sornada de traballo do bng para a preparacion do programa municipal na area de cultura.Todos os temas ali expostos foron de gran utilidade pero a meu suizo un pouco valeiros de contido para a gran maioria dos vigues-as.O que ali se falou esta ben exposto para cidades donde o galego se sinta noso por encima de todo.Vigo e unha cidade donde este sentimento inda non e real,e ai donde ai que traballar,nas escolas na rua nas empresas intentar que os vigueses se identifiquen con galiza desde o seu valor principal e basico como e a lingua. Eu quero apotar un gran pequeniño e espero que sea util para incluir no programa das novas eleccion e seria que o concello sexa exemplo ante os vigueses fomentar o galego para que os funcionarios de vigo o utlilicen as actividades que realice o cocello sexan en galego si aporta subencion a empresas esixan a estas a fomentar o galego e sobor de todo os nosos nenos deben saber da importancia do galego. Grazas
Xose Bieito - 26/11/2006 15:51:30

Resposta
Grazas pola túa aportación. Como todas as que estamos recibiendo, será tida en conta na elaboración do programa electoral para as municipais de 2007.
Candidato BNG Vigo
Penso que o mellor candidato do BNG, e o único que podería evitar unha debacle electoral en Vigo é SANTI DOMINGUEZ: é moi coñecido e moi valorado entre a cidadanía viguesa, nomeadamente entre a máis nova. O noso Bragado sería un bo número tres da candidatura pero creo que o BNG debe apostar forte en Vigo e deixar os "experimentos" (con todos os respectos para o noso prezado e admirado Bragado)para outra ocasión. O BNG xógase moitísimo en Vigo e non esquezamos que está en xogo non só o governo municipal senón tamén a Deputación. Prescindir de Santi Domínguez como cabeza de lista é un luxo que o BNG non se pode permitir. Estou seguro que se o fai pagará drasticamente as consecuencias (digo isto xustamente a un ano das eleccións). A miña candidatura ideal sería a seguinte: 1- Santi Domínguez 2- María Méndez (ou outra muller). 3- Camilo Nogueira 4- Manuel Bragado PD. Que haxa alguén que pense que Toba pode ser un bo candidato para Vigo non deixa de ser unha broma de mal gusto. Se hai algún político queimado en Vigo ese é Xabier Toba. É unha persoa moi valiosa pero que a día de hoxe todos os vigueses sabemos que está moi queimado.
Gustavo - 24/05/2006 20:27:14

Resposta
Nestes momentos o BNG atópase no proceso de designación da persoa que encabezará a candidatura nas eleccións municipais de 2007. Non hai aínda ningunha decesión tomada ao respecto. No BNG estes procesos se desenvolven de xeito totalmente democrático e será a asamblea local, na que participan todos os militantes de Vigo, os que decidán quen será o candidato.

Grazas por facernos chegar a túa opinión.
Area metropolitana
Ola. Gustariame saber por que o BNG votou en contra do proxecto de creacion da area metropolitana, cando moitos alcaldes do BNG, el particularmente Lois Castrillo, deron un pulo decisivo a ese proxecto. E, por favor, gustariame que a resposta non fose na direccion do que estou lendo estes dias en algunhas declaracion nos xornais: os cidadans non somos parvos. Moitas grazas.
Xabier - 21/04/2006 20:05:10

Resposta
En primeiro lugar agradecer que te dirixas ao BNG de xeito directo, pois estamos acostumados a ler o que outros queren transmitir pero, as máis das veces, non acudimos ás propias fontes para contrastar ás informacións recibidas.

Primeiro debemos partir do feito real e concreto de que á área metropolitana era unha entelequia antes de que chegara o BNG á Alcaldía de Vigo. Si se tiña nomeado algunha vez pero nin existía ningún traballo feito, nin tan so se tiña producido algunha xunta de alcaldes ou grupo de traballo para iniciar os traballos.

A chegada do BNG á Alcaldía de Vigo supón tamén a presidencia da MAIV, entidade fundamental nos traballos desenvoltos a posterior. Producto do traballo feito polo alcalde nacionalista, único dos doce concellos da MAIV máis Cangas e Moaña, en canto a clarificación do que representa unha área metropolitana e o papel que debe xogar este espazo xeográfico dentro da eurorexión Galiza-Norde de Portugal, acádase un consenso e nace, en primeira instancia e no mes de novembro do 1999, a Declaración de Soutomaior que recolle en trazos xerais a vontade e o compromiso político dos integrantes da MAIV.

En xuño do 2000 celébrase unha reunión dos alcaldes da Mancomunidade, coa incorporación dos de Cangas e Moaña e elaborase un conxunto de propostas, coñecidas como a Declaración do Pazo da Touza, que van servir de base para a redacción do borrador da lei de creación da área metropolitana.

A continuación prodúcense toda unha serie de traballos con distintas consellerías e, finalmente, ten entrada o 27 de xaneiro no Parlamento Galego un proxecto de lei de creación da Área Metropolitana de Vigo elaborado pola Xunta de Galiza, proxecto resultante de dous borradores de traballo anteriores e cos que os alcaldes non estaban na súa totalidade de acordo, incluído o proxecto que se presenta no Parlamento, dado que non recollía a totalidade dos eixos principais defendidos no Pazo da Touza; non se clarificaba a financiación e a participación da Xunta e da Deputación neste concepto; non recollía, anque fose de xeito transitorio, que pasaba cos concellos que forman parte de outras mancomunidades; que pasaba co transporte que tiña cabeceira e/ou final fora do territorio da área metropolitana, xunto a outras cuestións de relativa importancia.

Todo o anterior ven a conto na medida en que o proxecto presentado no Parlamento Galego, era un texto que non acadara o consenso imprescindíbel, pero era o único xeito de que avanzara xa que, dada a situación política existente naquel entón, maioría de alcaldes do PP e Xunta gobernada polo PP e, xa na V Lexislatura non se cumprira o compromiso do PP de tramitala, tiñamos a desconfianza de que non se voltara a tramitar a lei, como despois aconteceu.

O balbordo suscitado estes días atrás, non é máis que unha cortina de fume realizada polo Partido Popular para blindar ás deputacións e intentar poñer límites a unha lei de área metropolitana máis ambiciosa que a anterior, xa que agora hai unha nova situación política que vai permitir acadar a formulación dunha administración acorde coas necesidades de Vigo e a súa área de influencia.

A proposición de lei presentada polo Partido Popular é unha adaptación do proxecto de lei presentado pola Xunta pero máis restrictiva, o que xunto a falla do consenso e a que quen debe ter a iniciativa política debe ser o actual goberno da Xunta, do mesmo xeito que antes o tivo a anterior, foi o que determinou a posición do BNG de non aceptar a proposta do PP.

¿Por que non podemos ser máis ambiciosos, agora que hai unha nova situación política que si o pode permitir e crear unha área metropolitana acorde ás necesidades reais de Vigo e a súa área de influencia? ¿Por que temos que manter ás deputacións, cando teñen demostrado o seu papel de administración ao servizo do Partido Popular pero non ten resolto os verdadeiros problemas que teñen os concellos con menos recursos? ¿Por que non podemos aproveitar a creación da área metropolitana e tratar de simplificar a administración, por sentido común e por economía? ¿Por que temos que crear unha administración que nacería lastrada e con escasos recursos, cando é unha ferramenta necesaria para vertebrar o territorio, prestar máis e mellores servizos e fomentar e coordinar as potencialidades dos concellos que a compoñen?

Agardo que estas reflexións permitan clarexar as túas dúbidas. Dende logo, nós si queremos que se aproveite todo o traballo feito por Lois Pérez Castrillo e a súa equipa e, por suposto, non consideramos á cidadanía “parva”, nin moito menos, senón tremendamente intelixente e sabia, no máis sentido histórico da palabra.



Rua Crecente
Fai algun tempo xa, solicitei via e-mail o departamento de cultura do concello de Vigo o nome da rua Crecente,posto que existe un agravio comparativo con este concello.Existen nomes como a rua Rosal,Tui,Porriño,Cañiza,Nigran,etc...no noso ruteiro eo de Crecente non aparece porque non existe.Gustariame saber si dende o Bng-Vigo podedes facer algo.E o pobo dos meus antergos e unha terra maltratada pola politica pesima do Pp que instaurou neste concello a sua particular politica caciquil. Un saúdo nacionalista. Grazas
Xosé Bieito - 07/04/2006 17:41:39

Resposta
En primeiro lugar agradecer que te dirixas a nÓs para que poidamos transmitir a nosa opinión a unha inquedanza que ti tes. Sobre o que propós, debes ter en conta que estás a falar dun lugar como Coia, que naceu fará uns 30 anos e aproveitouse a urbanización para poñer nomes de concellos de Pontevedra, usando como criterio a unidade ou a continuidade. Polo tanto, Coia xa é unha realidade consolidada e existe a dificultade, xunto á falta de argumentos, de modificar o que hoxe existe.

En diversos lugares de Vigo xa se usou dito criterio como foron os nomes de paxaros na Doblada, flores en Teis, montes en Castro Castriño, etc.., e si os analizas ves como existe un denominador común como antes apuntaba; unidade, continuidade, etc. Hoxe, a maiores, tamén existe o criterio aprobado polo pleno do Concello de Vigo de respectar a toponimia dos novos lugares urbanizados, como xeito de recuperar e manter o noso patrimonio.

Coidamos que non hai por que descartar a túa proposta par o nomeamento de novas rúas. Podería terse en conta nun lugar que non tivera os condicionantes anteriores e houbera unha base argumental suficiente, fronte a outras propostas que están agardando para efectivizalas.




Non o entendo...
Estimados meus: Hoxe aparece unha noticia no Faro que di que a oposición (PSOE-BNG), veta o proxecto para reformar o contorno de Urzáiz, no que estaba incluido un lugar tan emblemático de Vigo como Praza de Portugal e o seu contorno. Un lugar de marxinalidade en pleno centro da cidade. ¡¡¡MÁGOA, COMPAÑEIROS/AS!!!
Ramón - 27/03/2006 17:19:16

Resposta
A información á que se refire ten que ver cun proxecto de convenio entre o Concello de Vigo e a Zona Franca que ten dúas partes:
Por unha banda a recepción por parte do Concello da Avenida de Portanet, cunha aportación de 300.000 euros de Zona Franca. Pois ben, nós estamos dacordo con esa cesión, pero queremos que sexa Zona Franca quen redacte un proxecto que complete a urbanización da avenida e que o execute. Unha vez rematadas as obras se entregaría Portanet ao Concello. Non queremos cartos, queremos obras. E non queremos cartos porque temos comprobado que esta alcaldesa gasta en flores e deixa o esencial sin facer. Bo exemplo delo é o que aconteceu na reforma da Praza de Compostela, onde non se deu solución aos problemas que había nas tuberías e sufrimos unhas terribles inundacións nada máis inaugurar as obras. Así que creemos que agora hai que actuar con precaución e cautela.
Por otra banda o proxecto de convenio fai referenza á financiación de diversas obras de remodelación en rúas do centro da cidade coas que o BNG está dacordo. O que nós nos apoiamos é o sistema de financiación que se busca para facelas, por irregular e porque non supón ningunha ventaxa para o Concello. Como xa pasou no primeiro convenio de Vigo 2005 ao final quen corre co investimento para facer as obras é exclusivamente o Concello, porque o convenio di que Zona Franca adiante os cartos, pero despois quedará liberada de pagar impostos, co que as arcas municipais deixa de ingresar. Para iso non fai falla un convenio. Se o Concello é, en última instancia, quen ten que pagar as obras, para iso hai outros mecanismos que non son os de asinar un convenio que non reporta ningunha compensación.
O BNG fixo no seu momento unha proposta que premite que na cidade se fagan as obras e os investimentos que se precisan.
Eso sí, debe haber unha priorización e debe ser o pleno da corporación o que decida cales son as que hai que facer. Non confiamos no Goberno do Partido Popular, porque xa comprobamos que non sabe atender con equidade ás necesidades da cidade. A ano pasado, con orzamentos aprobados, deixou desatendidas ás tres cuartas partes da cidade e somentes se preocupou do centro. Nós non compartimos ese xeito de facer as cousas.

Agardamos que estas explicacións aclaren a posición do grupo municipal sobre esta cuestión.


toralla
Dende hai uns dias, estan a colocar na illa de Toralla, perto da praia, un pequeno embarcadeiro. Como teño oido diversas opinions sobre o tema ( que e para a universidade, para os veciños da illa, etc), agradeceriavos, si sabedes o destiño deste emcabadeiro, mo comunicasedes Saudos
JOSE ANTONIO ALONSO - 16/02/2006 18:00:53

Resposta
É unha obra que depende da Demarcación de Costas, dependente do Ministerio de Medio Ambiente. Presuntamente, servirá para regularizar os amarres, que xa había, dos habitantes da illa.
2006: Ano da Memoria Histórica
Adxuntolles un manifesto que propoñen os compañeiros de IU, tras ser declarado no parlamento do estado (co voto a favor do BNG), o ano 2006 Ano da Memoria Histórica o cumprirse 75 anos da proclamación da II Repúbica. Considero que o galeguismo tivo un papel importante nese momento histórico, encabezados polo noso Castelao. Pediría os meus representantes políticos, aqueles que lle din o meu voto para o Concello de VIgo, teñan isto en conta, e fagan todo o posible para o recoñecemento da II República e de paso acercarnos a III Républica (desta vez federal que non federable...). Cunha forte aperta. Pablo Manuel López Cons. Saúde, e República. D.............................................., Portavoz del Grupo Municipal en el Ayuntamiento de............................., en nombre y en representación del mismo, y al amparo de lo establecido en el Reglamento, por razones de urgencia, eleva al Pleno de la Corporación para su debate la siguiente MOCIÓN La II República fue el primer régimen realmente democrático en nuestra historia, con medidas tan decisivas como la implantación del sufragio verdaderamente universal con reconocimiento del derecho al voto de las mujeres. La Constitución de 1931 fue también la primera que abordó el reconocimiento de derechos sociales y económicos y las bases de lo que hoy conocemos como Estado de Bienestar. Asimismo, trató de resolver al problema de la articulación territorial de España mediante el sistema de Estatutos de Autonomía elaborados por iniciativa de los territorios que aspiraban a su autogobierno, y se adelantó en proclamar la renuncia a la guerra como instrumento de política nacional. Pese a su trágico desenlace, el régimen instaurado en 1931 es un antecedente directo del actual Estado social y democrático de Derecho y del sistema autonómico establecido por la Constitución de 1978. El conocimiento y divulgación de ese período histórico es esencial para comprender la sociedad en la que vivimos hoy. Por ello, se somete a la consideración del Pleno la aprobación del siguiente acuerdo. 1.-El Ayuntamiento de...............manifiesta su voluntad de promover actos conmemorativos y divulgativos del 75 aniversario de la II República en su municipio.
Pablo López Cons - 11/02/2006 16:48:47

Resposta
O grupo municipal do BNG ten defendendido e apoiado con diferentes iniciativas que o Concello de Vigo conmemore como é debido o Ano da Memoria Histórica. Unha das propostas feitas foi a de nomear Viguesa Distinguida á presidenta da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica, Concha Nogueira. Como saberá á alcaldesa e o Goberno do Partido Popular negáronse a aceptar este nomeamento, incumprindo así un acordo plenario. Como acto de desagravio os tres grupos da oposición acordamos facer un homenaxe aos represaliados.

Dende o BNG pensamos que toda a sociedade temos unha débeda cos represaliados do 36. Esa é unha tarefa de todos e todas nós, pero as institucións deben ter o compromiso e a responsabilidade de que non se esqueza. Recuperar ese pasado para telo sempre presente e o mellor xeito de desagraviar a uns homes e mulleres aos que debemos tanto.

Un saúdo.
Achéganos as túas dúbidas sobre o traballo que o grupo municipal do BNG de Vigo está a realizar.